Anuncio do 17 de setembro de 2009, da Dirección de Recursos
Humanos do Servizo Galego de Saúde, relativo á publicación de puntuacións
provisorias e á anulación de preguntas dos exercicios da fase de oposición do
proceso selectivo convocado polas diversas resolucións da Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do 11
de decembro de 2008 (DOG nº
247, do 22 de decembro)
A base sexta A) das Resolucións da
Secretaría Xeral do Servizo Galego de Saúde do
11 de decembro de 2008 (DOG nº
247, do 22 de decembro) polas que se convoca Concurso-Oposición
para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servizo
Galego de Saúde, establece que trala realización dos exercicios de oposición os
aspirantes disporán dun prazo de cinco días hábiles para presentar reclamacións
ao mesmo.
Se o tribunal, de oficio ou en base ás reclamacións
presentadas, anulase algunha ou algunhas das preguntas incluídas nun exercicio
anunciarao publicamente xunto coa publicación das puntuacións dos distintos
exercicios da fase de oposición, nos taboleiros de anuncios dos servizos
centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servizo Galego de Saúde
e na súa páxina web www.sergas.es.
Á vista das impugnacións presentadas
en prazo, cada tribunal confirmou a súa plantilla
definitiva de respostas correctas, polo que procede agora darlle publicidade ás
listaxes de puntuacións provisorias outorgadas aos aspirantes, facultándose
para iso expresamente a este centro directivo, polo que,
ANUNCIA:
Primeiro.- Publicar as puntuacións
provisorias dos exercicios da fase oposición acadadas polos aspirantes
presentados das categorías de facultativo/a
especialista de área de alergoloxía, facultativo/a especialista de área de
análises clínicas, facultativo/a especialista de área de anatomía patolóxica,
facultativo/a especialista de área de anestesioloxía e reanimación,
facultativo/a especialista de área de anxioloxía e cirurxía vascular,
facultativo/a especialista de área de aparello dixestivo, facultativo/a
especialista de área de cardioloxía, facultativo/a especialista de área de
cirurxía cardiovascular, facultativo/a especialista de área de cirurxía oral e
maxilofacial, facultativo/a especialista de área de cirurxía pediátrica, facultativo/a
especialista de área de cirurxía plástica, estética e reparadora, facultativo/a
especialista de área de cirurxía torácica, facultativo/a especialista de área
de cirurxía xeral e aparello dixestivo, facultativo/a especialista de área de
dermatoloxía médico-cirúrxica e venereoloxía, facultativo/a especialista de
área de endocrinoloxía e nutrición, facultativo/a especialista de área de
farmacia hospitalaria, facultativo/a especialista de área de hematololoxía e
hemoterapia, facultativo/a especialista de área de medicina física e
rehabilitación, facultativo/a especialista de área de medicina intensiva,
facultativo/a especialista de área de medicina interna, facultativo/a
especialista de área de medicina preventiva e saúde pública, facultativo/a
especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía, facultativo/a
especialista de área de nefroloxía, facultativo/a especialista de área de
neumoloxía, facultativo/a especialista de área de neurofisioloxía clínica,
facultativo/a especialista de área de neuroloxía, facultativo/a especialista de
área de obstetricia e xinecoloxía, facultativo/a especialista de área de
oftalmoloxía, facultativo/a especialista de área de oncoloxía médica,
facultativo/a especialista de área de oncoloxía radioterápica, facultativo/a
especialista de área de otorrinolaringoloxía, facultativo/a especialista de
área de pediatría e as súas áreas específicas, facultativo/a especialista de
área de psicoloxía clínica, facultativo/a especialista de área de psiquiatría,
facultativo/a especialista de área de radiodiagnóstico, facultativo/a
especialista de área de radiofísica hospitalaria, facultativo/a especialista de
área de reumatoloxía, facultativo/a especialista de área de traumatoloxía e
cirurxía ortopédica, facultativo/a especialista de área de uroloxía,
facultativo/a especialista de área de xeriatría, farmacéutico/a de atención
primaria, médico/a coordinador/a 061, médico/a de familia de atención primaria,
médico/a de urxencias hospitalarias, médico/a especialista en medicina do
traballo, odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria de
persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, confirmándose as plantillas
de respostas correctas.
A estimación ou desestimación das reclamacións
presentadas á plantilla de respostas correctas
entenderanse implícitas nesta resolución de publicación.
Segundo.- Contra esta exposición os
interesados poderán presentar ante o tribunal reclamación soamente contra erros
aritméticos da puntuación obtida, no prazo de cinco días hábiles contados a
partir do día seguinte ao da súa publicación.
Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2009.
Asdo.:
Esperanza Fernández Lago.
DIRECTORA DE
RECURSOS HUMANOS DO SERVIZO GALEGO DE SAÚDE.